Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O PSOE condena o ataque á sede socialista de Vimianzo

Pintada contra sanchez na sede do PSOE de VImianzo
Así amencía esta mañá a sede do PSOE de Vimianzo.
O PSOE condena o ataque á sede socialista de Vimianzo

As mobilizacións a nivel estatal da dereita contra a Lei de Amnistía parece que chegaron, tímida, e anonimamente, á comarca.

De inmediado, a comitiva provincial do PSOE fai chegar un comunicado asinado por Bernardo Fernández, secretario xeral, no que condena “o ataque contra a sede dos socialistas de Vimianzo”. Fernández considera que este “non é un ataque ao PSOE, senón á democracia”. “Actos así son inadmisibles nunha sociedade democrática”, engade.

Os socialistas fan un chamamento a poñer fin “aos discursos de odio que fomentan comportamentos hostís contra os partidos políticos democráticos e os seus membros”. “As discrepancias e as diferenzas políticas nunha sociedade aberta e respectuosa hai que abordalas sempre a través do diálogo e da comprensión, afastándonos dos comportamentos irracionais que debemos enfrontar e rexeitar dende todas as institucións para protexer os valores democráticos da sociedade”, remata o PSOE.

Comentarios