Queda nun susto unha aparatosa saída de vía en Berdoias

16:40 09/03/22
O aquaplaning e unha ráfaga de vento puido ser a causa dunha saída de vía sufrida esta mañá arredor das 8:00h da mañá en Berdoias. Un vehículo, no que viaxaban o condutor e dous acompañantes, saíase da estrada e quedaba con medio coche fóra.
Afortunadamente quedou nun susto e ningún dos ocupantes necesitou de axuda médica.
