Venres. 11.10.2024
El tiempo

Un recoñecemento na casa a Estrella Arjomil por 14 anos de tarefas humanitarias en Mozambique

Estrella Arjomil en Vimianzo
Un recoñecemento na casa a Estrella Arjomil por 14 anos de tarefas humanitarias en Mozambique

A de cousas que terá que contar esta muller. Estrella Arjomil recibiu a súa pequena homenaxe, dende a casa, este pasado venres. O Concello de Vimianzo, da man da alcaldesa Mónica Rodríguez, e o párroco Daniel, quixo recoñecer os 14 anos que leva desempeñando tarefas humanitarias en Mozambique.

“Estrella leva este nome porque ilumina o camiño de centos de persoas que tanto o precisan”, comezou o seu discurso a rexedora, quen quixo agradecer “inmensamente o teu desempeño diario nun contexto tan difícil” e “que quixeses compartir un anaquiño do teu tempo hoxe con todas e todos nós”.

 

Arjomil leva 14 anos en Cabo Delgado, territorio situado debaixo de Tanzania, e asoballado pola lepra e conflitos bélicos que semellan non rematar nunca. Con estacos recursos, a vimiancesa está levando a cabo un proxecto denominado “Casa da Providencia”, para persoas con lepra avanzada ou estancias post- hospitalarias.

En anteriores semanas, Vimianzo volcouse con esta iniciativa, e xa se recolectaron máis de 3.000 euros para que sexa unha realidade. Xa o é o terreo e o pozo de rexistro, falta o edificio que lle dá nome o proxecto.

Novas relacionadas

Comentarios