Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sobre os Dereitos Civís e as cámaras de vixilancia

Sobre os Dereitos Civís e as cámaras de vixilancia
Camaras de videovixilancia na Casa da Cultura e na Praza do Concello de Vimianzo Cámaras de videovixilancia situadas na Casa da Cultura e na Praza do Concello de Vimianzo

A Plataforma polos Dereitos Civís vén de enviar unha denuncia sobre a proliferación de cámaras de videovixilancia nos Concellos galegos. Instalacións en vías e centros públicos que foron subvencionadas pola Xunta “con centos de miles de euros”. Dereitos Civís tense dirixido en multitude de ocasións á Axencia española de Protección de Datos e á Delegación do Goberno ao comprobar a súa existencia, pero que carecen de autorización gobernativa ou das que non hai constancia da inscrición do ficheiro de gravacións no rexistro da AEPD. “Ambos requisitos resultan indispensables para a instalación de videocámaras que captan imaxes da vía pública e para que se garanta o respecto aos dereitos fundamentais das persoas gravadas”, informan.

Na bisbarra nomean as cámaras instaladas en Vimianzo emais en Carballo, e fontes municipais aseguran que todos os dispositivos están apagados, s só son utilizadas como elemento disuasorio. De feito, a Axencia de Protección de Datos abríralle un expediente ao Concello de Vimianzo a raíz da denuncia de José Renato Núñez Da Silva, pero este expediente foi arquivado logo de que o Concello de Vimianzo lle remitise toda a documentación.

En Vimianzo atopamos dúas en vía pública (pedíranse para a Praza do Concello polo tema das festas e diante da Casa da Cultura para evitar posibles roubos) e dúas no interior da Casa do Concello e da Casa da Cultura. Ambas estaba controladas pola Policía Local pero xa levan máis dun ano apagadas. En Carballo aseguran que hai unha no Polígono do Concello de Carballo ou o de Ribeira.

Camaras de videovixilancia nos centros de Vimianzo Cámaras de videovixilancia no interior do Concello de Vimianzo e na Casa da Cultura

Dereitos Civís, se ben todas as denuncias presentadas contra os Concellos (propietarios das cámaras) foron arquivadas aceptando que están apagadas, denuncian que “continúan penduradas das fachadas dos edificios enfocando á vía pública sen que os viandantes saiban de forma verídica se están sendo gravados ou non, o que provocan unha grave inseguridade á hora de poder exercer dereitos fundamentais, xa que as cámaras poden estar acendidas ou volverse activar sen que a AEPD teña constancia deste feito”.

Por iso, Dereitos Civís vén de dirixirse ao Defensor do Pobo solicitando que recomende ás autoridades competentes que non permitan a existen de dispositivos que poidan crear a expectativa de captación de imaxes das persoas que circulan pola vía pública. “De igual xeito que un garda de seguridade que non teña licenza para portar armas non pode levar unha pistola aínda que vaia descargada e só teña unha finalidade disuasoria, unha administración pública non pode manter instalado un dispositivo de seguridade nos seus edificios sen ter a habilitación legal”.

Fonte

Comentarios