Sobreseída unha denuncia presentada polos promotores da fallida moción de censura de Vimianzo

Novo auto do Xulgado de Corcubión sobre a denuncia dos promotores da moción de censura fallida no Concello de Vimianzo contra o alcalde Manuel Antelo, o edil Fernando Mancebo e María Cristina Varela, sobre posible revelación de segredos. O caso é que o Xulgado non puido determinar que persoa concreta accedeu aos documneot segredos no rexitros, polo que é procedente decretar o sobreseimento provisional da causa.

En todo caso, aínda poden impugar os demandantes, Mónica Rodríguez, Monsterrat Vázquez Miñones, José Manuel Rodríguez “Roque”, María del Carmen Hermida, Manuel Soto, Juan Carlos Amado e o finado Ramón Santos.

CSIF gaña as eleccións sindicais no Concello

Ademais, é o sindicato CSIF protagonista, despois das votacións sindicais do Persoal do Concello de Vimianzo. O sindicato obtivo os 4 delegados que se disputaban, por diante de CCOO, o único sindicato presente, que apenas tivo representación.

José Luís Caamaño Domínguez, resposable da sección sindical do CSIF obtivo o único delegado en liza en canto ao Persoal Funcionario, mentres os 3 responsables de Persoal Laboral serán Rocío Andújar, Fernando Rodríguez e Jonny Monterroso.

Novas relacionadas

Máis novas vimiancesas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).