Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura

Vimianzo volve estar pendente dunha moción de censura
Impulsores da mocion de censura en Vimianzo-Foto-Eldiarioes

Foron tensos aqueles días de marzo cando o grupo de 7 concelleiros impulsaba unha moción de censura contra o alcalde, Manuel Antelo. O propio alcalde anunciaba o día 6 de mazo aquelo do “Non haberá moción de censura”, pero a Xustiza vén de dar un volco inesperado á situación.

O Xulgado coruñés no que o grupo de concelleiros presentaran unha denuncia polos feitos acontecidos aqueles 2 e 3 de marzo, vén de dar a razón aos concelleiros, que teñen agora a luz verde para presentar de novo a moción de censura nun pleno que se pode dar en 10 días hábiles dende que presenten de novo a moción no rexistro.

O Xulgado valora que o Secretario tivo que ter rexistrado a moción en calquera horario, e que o defecto de forma á hora de presentar a moción (presentándoa primeiro no Rexistro e despois ao Secretario, e non ao revés como tería que ser) foi por culpa da falta dun Secretario accidental en todo caso necesario.

O propio alcalde xa valorou que non entende a sentenza xudicial e que está "alucinado" pois entende que a xuiza non estudiou se os feitos son tal e como o contan os denunciantes.
Pola súa banda o candidato á alcaldía José Manuel Rodríguez "Roque" valora o feito de que a xustiza lles dea a razón.

En todo caso, a situación queda agora pendente desa posible presentación da moción de censura, se ben neste caso dous dos concelleiros xa non teñen militancia no PSOE, e a efectos legais son considerados tránsfugas, e non poderían levar a cabo unha moción.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios