Venres. 29.03.2024
El tiempo

Día de declaracións de alcaldes imputados

Día de declaracións de alcaldes imputados
Foi onte un día de declaracións nos Xulgados da comarca. Polo sur, Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, intentaba clarexar a súa actuación na xestión da fallida moción de censura. Mentres, en Carballo, o alcalde de Coristanco tiña que pasar polos Xulgados (volverá o luns) para declarar pola suposta trama de prevaricación en varias obras.

7 horas de declaración

Antonio Pensado-Alcalde Coristanco-Imputado Se tamén pasaron declaración os 8 imputados do Concello, máis longa foi a do alcalde de Coristanco no Xulgado de Carballo. Tras 6 horas declarando ante a xuíza, amosouse “tranquilo” con signos de cansanzo. Pensado declaraba tras serimputado por prevaricación e malversación de fondos públicos, pola suposta adxudicación irregular de varias obras públicas trala denuncia dunha empresa que se entendiu desprazada inxustamente de varios procesos de contratación. Pensado centrou a súa defensa en “posibles erros de bulto na investigación” por parte da policía xudicial. Defendiu a transparencia de todos os procesos de contratación, e, así mesmo, recordou que o caso está sendo investigado tras “unha disputa entre dúas empresas”. Terá que volver o luns a declarar Pensado a raíz da denuncia da Secretaria Municipal por un suposto acoso laboral, á que acusou de “ter un enfrontamento con todo o Concello, cos compañeiros, non só co alcalde”.

Declaracións de Antelo

Antelo acodiu a declarar
Considera Antelo que deixou a súa xestión durante a fallida moción de censura suficientemente explicada. Antelo asegura que, naqueles días de vertixe, ata lle pedira á Secretaria que pedira a alta voluntaria, unha vez que acusación, un dos asuntos que denuncia, é que aquel sábado 2 de marzo non había Secretaria, e precisamente ese feito impediu que a Moción fose legal. Antelo espera que a acta sexa arquivada, ao entender, como o seu partido, que se trata dunah “querela política.

Máis información

Novas vimiancesas

Novas de Coristanco

Fonte

Comentarios