Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG comarcal denuncia que as imputacións de Antelo son armas do PP

O BNG comarcal denuncia que as imputacións de Antelo son armas do PP

Días de declaracións no xulgado para o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo. Aínda está imputado trala denuncia (esta por vía penal despois de resolverse o contencioso) dos promotores da moción de censura e este xoves 18 ten que volver declarar no Xulgado de Corcubión.

Hoxe é o consello comarcal do BNG da Costa da Morte, o que “quere expresar o seu apoio ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, nestes días en que está a declarar no xulgado polas denuncias derivadas das persecucións políticas a que se ve sometido desde o comezo da lexislatura”.

Aseguran dnde o BNG que “as imputacións polas que ten que acudir perante a xustiza, nada teñen que ver coa corrupción, senón que están derivadas de denuncias instrumentadas no marco dunha estratexia de “acoso e derribo” ao goberno municipal de Vimianzo”. “O PP usa todas e cada unhas das armas que ten ao seu dispor para acabar cos gobernos nacionalistas, e na Costa da Morte, Vimianzo está a ser o seu cabalo de batalla”.

Lamentan a actuación do PP: “Primeiro tentárono coaligándose toda a oposición nunha manobra, sen sentido nin coherencia, que non foron quen de levar a cabo, e agora inténtano á desesperada, mediante denuncias derivadas dese proceso fallido”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios