Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura

O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura
Os edis Roque e Montserrat Vazquez son readmitidos no PSOE

Está dando moitas voltas a fallida moción de censura no Concello de Vimianzo. E se ben os concelleiros promotores da mesma xa cederon da súa intención agora a nova é a posible expulsión dos partidos dos seus edís.

Aqueles primeiros días de marzo de 2013, as direccións dos partidos ordenaban a expulsión dos concelleiros, pero este pasado decembro, o PSOE vimiancés tiñan que readmitilos por orde xudicial.
Hoxe o Boletín Oficial da Provincia publica a notificación de expulsión que o concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE na Corporación de Vimianzo, José Antonio Miñones Riveiro, envía ao concelleiro José Manuel Rodríguez Blanco, unha vez que esta non foi recollida no seu domicilio. Unha carta para dar a coñecer a decisión do Pleno da Corporación da expulsión provisional do PSOE de José Manuel Rodríguez Blanco e Montserrat Vázquez Miñones.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios