Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE

Conmoción en Vimianzo ante a moción de censura e expulsados os 4 edís de PP e PSOE
Manuel Antelo enfróntase á moción de censura en Vimianzo impulsada por José Manuel Rodríguez Blanco, Roque
  • Última hora (14:00h): O PP provincial vén de solicitar ante o Comité de Dereitos e Garantías do PPdeG a expulsión dos concelleiros firmantes da moción de censura en Vimianzo.
  • Última hora (12:00h): O PSdG da Provincia da Coruña vén de rexistrar ás 11:00h desta mañá de luns 4 de marzo no Concello de Vimianzo un documento no que se comunica a expulsión dos dous concelleiros que asinan a moción de censura en Vimianzo. "Non podemos retirar a acta de concelleiro", indica Marisol Soneira, "pero si podemos expulsalos da organización do partido pois non compartimos nin as razóns da moción, nin que se vaia da man co PP".
    Soneira aseguraba que "xa se lle dixo fai un mes, cando intentaron presentar a moción, pero non conseguiron o apoio de Miñones". Soneira tivo palabras para todos: "Aquí non hai inocentes, incluído o grupo de goberno, pois temos que lamentar tamén as desafortunadas declaracións do alcalde, cando só fai públicas todas esas denuncias unha vez que se lle presenta a moción en contra".

Conmocionada segue a capital de Soneira trala moción de censura presentada este sábado. Un moción, lembren, presentada por 7 edís de PSOE, IxVim e PP, que colocaría ao socialista José Manuel Rodríguez Blanco, máis coñecido como Roque, como novo alcalde vimiancés.

Imos ter que agardar un par de semanas para ver en que acaba a cousa, alomenos ata o pleno deciviso, que está prantexado para o xoves 14 ás 12:00h.

A postura dos censores

"Desgoberno, "prácticas ditatoriais e vengativas", "escurantismo", "falta de transparencia e diálogo", "deixadez de funcións" ao non presentar os orzamentos. Estes son algúns dos argumentos que esgrime o grupo de impulsores da moción comandados por Roque, durante moitos anos na equipa de Alejandro Rodríguez ao poder do concello vimiancés.

A gota que colmou o vaso, segundo indican, chegaba no pleno do venres pasado, cando o grupo de goberno amenazaba con levar ante a Fiscalía a actuación dun traballador do concello.

A postura do equipo de goberno

O alcalde de VImianzo expresouse sobre a mocion apoiado por numerosos vecinos-Foto- Balbina

De "moción da corrupción" calificou a situación o alcalde Manuel Antelo ao comezo da súa rolda de prensa o pasado sábado. Unha rolda á que chegaba escoltado por máis dun centenar de veciños que quixeron amosar o seu apoio.
O alcalde, emocionado ante a presencia dos veciños, sinalou que a moción é "inxustificable", espera que "medidas contundentes" dos direccións provinciais dos partidos PP e PSdG. Aproveitou para denunciar que parte dos impulsores da moción son herdeiros das "corruptelas dos últimos 25 anos no Concello vimiancés da man do anterior e imputado alcalde". E precisamente sobre o caso do traballador expedientado que foi o que incitou á moción, Antelo aseguraba que forma parte do seu proceso de "saneamento democrático" tralos 25 anos do mandato de Alejandro Rodríguez, que consiste en "abrir expedientes disciplinarios contra funcionarios vinculados á familia dos firmantes".

O BNG vimiancés pensa e artellar un acto público de apoio ao alcalde e rexeitamente á moción o vindeiro sábado 9 sobre as 21:00h, unha semana antes do pleno crucial.

Moción desaprobada polas Provinciais

Malia que dende outubro de 2011 apenas se escoitaba falar de moción, alomenos en foros públicos, semella que estaba moi preparada. Todo estaba pendente da nova Xestora do PP de vimiancés, formada en xullo do ano pasado trala marcha de Carmen Borbujo, pero sobre todo da toma de posesión da súa acta de concelleiro de Ramón Santos, que se facía efectiva só un día antes da sinatura da moción.

As que non tardaron en facer público o seu rexeitamento a esta práctica a todos aspectos legal nesta democracia, foron as delegacións provinciais de Partido Popular e PSdG, que como vemos nas notas de última hora xa dixeron efectivas as expulsións dos 4 edís asinantes.
Os populares "desautoriza" a moción e asegura que se vai reunir cos edís nestes días. Pola súa banda, o PSOE rexeitaba con rotundidade a moción afirmando que expulsaría do partido aos concelleiros implicados no caso de seguir adiante ca mesma, a pesar das obrigas do pacto "antitransfugismo". Ambos partidos indicaron que farían todo o que lles fose posible por evitala, se ben a expulsión do partido non evitaría a moción pois os edís manterían a súa posición como non adscritos.

Chama tamén a atención que haia dous concelleiros de partidos implicados na moción que non a asinasen. De feito, o socialista Miñones aseguraba que "non sabía nada, nin quería saber" da moción.

Os edís que asinan a moción

  • José Manuel Rodríguez Blanco, Roque (PSOE).
  • Montserrat Vázquez (PSOE).
  • Mónica Rodríguez (IxVim).
  • Manuel Soto, Padronés (IxVim).
  • Mª Carmen Hermida (IxVim).
  • Juan Carlos Amado (PP).
  • Ramón Santos (PP).

Os edís dos partidos implicados que non asinan a moción

  • José Manuel Pérez Trillo (PP).
  • José Antonio Miñones (PSOE).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios