martes. 15.07.2025
El tiempo

Solicitan localizar a orixe dunha fuga de auga nunha vía municipal en Cambeda

estrada mollada
Solicitan localizar a orixe dunha fuga de auga nunha vía municipal en Cambeda

O BNG de Vimianzo vén de solicitar ao equipo de goberno que proceda “á maior brevidade posible” a localizar e amañar a orixe dunha fuga de auga nas inmediacións da igrexa de Cambeda, nunha vía de propiedade municipal.
Os nacionalistas, que fixeron unha petición por escrito no rexistro do Concello, lembraron que “o problema xa foi comunicado hai aproximadamente un ano e non se tomaron medidas ao respecto, e corresponde aos responsábeis municipais facer as probas oportunas para dar coa orixe do problema.”

O voceiro do BNG vimiancés, Benxamín Queiro, sinalou que “cómpre recordar que se non se actúa con certa urxencia, inevitablemente a vía acabará por deteriorarse, co conseguinte custo económico”.

Comentarios