Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Teatro, comercio e concentración para o #25N vimiancés

vimianzo en negro
Polìticos e técnicos vimianceses en negro contra as violencias
Teatro, comercio e concentración para o #25N vimiancés

Vimianzo, un dos 16 concellos costeiros adheridos á campaña En negro contra as violencias, vén de poñer en marcha un completo programa que vai dende o eido cultural, ao económico pasando polo social.

Unha das actividades máis singulares é a que implica a 60 negocios de Vimianzo. Durante esta semana entre o 18 e o 25 de decembro, repartirán mensaxes en 4.000 sobres violetas, dos que máis de 1400 levan un agasallo para desfrutar en establecementos participantes na campaña. Os sobres conteñen citas, artigos de leis, frases empoderantes, etc.

En clave de teatro, a programación de Outono tivo en conta a data, e xa a obra da pasada fin de semana, Valente e Rebelde, está moi ligada ao 25N. A do vindeiro sábado, ás 20:00h, Anatomía dunha Serea, tamén versa sobre a violencia de xénero.

Tamén forma parte desta programación un “Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que se imparte os días 18 e 25 no ximnasio municipal, e outro dedicado á constitución e dinamización da MESA LOCAL de coordinación para o colectivo profesional especializado no tratamento dos casos de violencia de xénero a nivel municipal.

Un lazo xigante e unha concentración

Un dos actos consistirán na formación dun lazo xigante de cor violeta dentro dun cadrado negro. Serán integrantes do tecido asociativo, rapazada dos centros educativos e outras persoas que se acheguen, as que conformarán este debuxo humano, realzado con paraugas.

A concentración do vindeiro luns 25 de novembro, ás 12:00h, terá lygar na praza do Concello, e será baixo o lema “Nin unha máis”. O concello pide que a xente acuda con vestimenta negra e provistos dun paraugas de cor negra.

Todas as actividades do 25N na Costa da Morte

Comentarios