O Torneo Solidario do Fútbol da Costa tece pontes con Coruña, As Mariñas e Costa de Marfil
Acolleu esta mañá o campo Municipal Irmandiño de Vimianzo a presentación do Torneo Solidario do Fútbol da Costa - QPC, que acollerá o propio vimiancés este domingo 28 de decembro a partir das 16:30h. Un evento que unirá a Costa da Morte con Costa de Marfil, gracias á recadación realizada para levar a cabo un fermoso proxecto da man da ONG Egueire.
Foi Ubaldo Cerqueiro o que presentou esta nova acción coa que Quepasanacosta trata de aproveitar a potencia social do Fútbol da Costa nunha boa causa. Xa son máis de 10 anos organizando partidos dos Combinados que saen das votacións das Galas do Fútbol da Costa - QPC.
Ubaldo agradeceu a Alberto Pose e Óscar Leis por tirar de QPC para realizar estes eventos, así como ao Concello de Vimianzo, cmo anfitrión, á Real Federación Galega de Fútbol ademais da subdelegación da Costa e á subdelegación arbitral; así como á Asociacións do Fútbol da Coruña AFAC e a Asoc. de Clubs As Mariñas-Arteixo; ao Soneira SD, e por suposto, á familia da ONG Egueire, Cooperación para el desarrollo en África.
A alcaldesa Mónica Rodríguez agradeceu a todas as entidades participantes e que se escolla o concello de Vimianzo como espazo de unión e de integración.
O Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, deixou claro que a “A Costa para nós é moi importante”, e amosou o seu orgullo por participar neste evento, porque “o fútbol ten que ser solidario”.
Tamén falou Juan Vázquez, presidente da AFAC (Toño Vázquez, presidente das Mariñas non puido estar por motivos laboras) agradeceu este ofrecimento e amosou a disponibilidade a participar en eventos solidarios coma este, e avanzou que mesmo a AFAC vai facer unha doazón para a creación do comedor social.
Un comedor social escolar en Ebounou: "De Que pasa na Costa a Costa de Marfil"
Porque como explicou Desirée Kouakou, presidente da ONG Egueire ademais de ser o cura de varias parroquias da Costa da Morte, a recadación de fondos será destinada para a creación dun comedor social escolar en Ebounou, unha vila do sur de Costa de Marfil. “A escola fortalece a mente, pero o fútbol e a comida fortalecen o corpo”, sinalou agradecido por esta colaboración “dende Que pasa na Costa a Costa de Marfil”.
Desiré explicou que a entidade ten en marcha un proxecto para acondicionar unha escola nesa vila, e invitou a QPC a conseguir financiamento para construír ese comedor, que permitiría que as crianzas da zona non teñan que percorrer 4 km de ida e de volta (adoitan ter horario partido), feito que provoca que moitas crianzas xa non vaian a clase polas tardes.
Un desafío que afronta QPC como algo propio, e que dedicará todos os eventos deste ano para conseguir facer realidade ese comedor.
O Torneo
Como dicimos, o torneo celebrarase na tarde deste domingo 28 de decembro no Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo. No Torneo, que dará comezo ás 16:30h, participarán 4 seleccións: Combinado da Costa (saído da Galal QPC, o 11 da Década do Fútbol da Costa (saído tamén da votación realizada no marco da Gala), Combinado da Coruña (da man da AFAC) e Combinado das Mariñas.
Disputarán dúas semifinais de 45 minutos, para a continuación disputar o 3º e 4º posto, e finalmente a gran final, e tras o sorteo, estes son os emparellamentos:
- 16:30h: Combinado da Coruña - 11 ideal do Fútbol da Costa.
- 17:30h: 11 da Década - Combinado das Mariñas.
- 18:30h: 3º e 4º posto.
- 19:30h: Final.
Ao longo da semana iremos dando as convocatorias finais.
Fila 0
Temos 1000 rifas para conseguir fondos para este domingo, pero tamén podedes facer doazóns para o proxecto enviando a vosa aportación ás contas de Egueire, sinalando no concepto, "nome do doante + QPC”. Estas son as canles:
- Un bizum co código 02207 ou
- Unha transferencia ES35 2080 0313 9030 4000 5650