O Combinado FEM e Marco metéronlle un gol ás enfermidades metabólicas
Trala celebración na tarde do venres do Partido Solidario en favor de Paseniño no Conco, tomaba o relevo o fútbol feminino. O Combinado da Costa. QPC FEM enfrontábase en Xaviña a todo un Victoria CF nun partido que foi unha demostración do cariño que toda a comarca de Bergantiñños lle ten ao que pequeno Marco García Lema. O pequeno cerquedán ten unha enfermidade rara metabólica, que provoca que a alimentación sexa unha auténtica torura.
Así e todo, Marco é é toda unha alegría vital, un neno cunha enerxía magnífica, amable e cariños con todo o mundo, e onte viviu moi preto da súa unha casa unha xornada “bombazo” como el mesmo nos contaba. Así o compartiu á súa familia e e os membros da Asociación ASFEGA chegados de varias partes de Galicia, moi agradecidos coa organización do evento por parte de Quepasanacosta (coa colaboración do Concello de Malpica e a UD Cerqueda), e que permitiu recadar máis de 1.000€ para a entidade que máis axuda a Marco na súa loita alimentaria.
Acompañado polos seus curmáns Pablo e Andrea Lema e o seu amigo Nico Rama, e rodeado tamén pola Concelleira Noelia Freijeiro e por dúas grandes do noso fúbol María Bardanca e Elena Vázquez que viñan de ofrecer un interesante coloquio no CAT de Buño, Marco fixo o saque de honra e botou esa foto que xa pasará á historia da Solidariedade da Costa da Morte, demostrando o poder do Fútbol da Costa para apoiar as cousas importantes da vida.
Combinado da Costa-QPC - Victoria CF (1-4)
- Combinado QPC: Miriam (Cabana), Mariña (Cerqueda), Saskia (Corme), Noa Forján (Dumbría), Kelly (Dumbria); Paula Fandiño (Dumbria), Olalla (Corme), Bárbara (Esteirana), Paula Veiga (Cee), Carla (Corme) e Naroa. Tamén: Rosío (Xallas), Lauriña (Outes), Marta (Esteirana), Lucía (Corme), María (Xallas), Tamara (Mazaricos), Olalla (Xallas), Andrea Romero (Corcubion), Noe (Xallas) e Eva Lema (Dumbria).
- Victoria CF: Ana, Amado, Rai, Río, Nuria, Albita, Lau, Bugallo, Maca, Pereira e Didi. Tamén: Ahinoa, Irene, Iria, Tati, Gara e Merino.
Notouse a diferencia de categoría (o cadro herculino de Javi Angeriz xoga na 3ª RFEF, 2-3 categorías por riba dos nosos clubs), pero aínda así a de Rubén Souto e Fran Figueroa conseguiron manter un partido competido e vistoso. As Costeiras con descaro se adiantaron no marcador gracias ó olfato de Naroa, pero as coruñesas pronto igualaron e lle meteron a difecta para dominar e controlar o partido con moito oficio.
Así e todo as da Costa da Morte puderon mostrar o talento e traballo que veñen facendo nos respectivos clubes a pesar da diferencia de ritmo e de só xuntarse na mañá de onte (viviron unha completa xornada de unión) para encarar un duelo que remataría con un resultado de 1-4 para as zebras do Victoria, ante unhas gradas que se encheron a pesar do mal tempo.
Sorteos
Durante o descanso o propio Marco fixo de man inocente para sacar os números das rifas premiadas da camiseta do Dépor Abanca asinada (que quedou en Cerqueda), unha noite nun hotel doada pola familia de Marco (que tamén quedou na parroquia), unha cesta doada pola UD Cerqueda (que foi para a familia de Daniela, a nena de Ponteceso con síndrome de Rett, protagonista do partido sdo ano pasado e que non quixo perder este evento) e unha singular peza de Buño doada polo Concello.