Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Último día para presentarse aos 3 novos procesos de selección de persoal en Vimianzo

Último día para presentarse aos 3 novos procesos de selección de persoal en Vimianzo

O Concello de Vimianzo informa dos procesos de selección abertos nestes momentos para contratación de persoal. I é que no que vai de mes de xuño contratáronse 12 persoas para traballar no Grupo de Intervención Rápida (GRUMIR), durante seis meses, que xa están traballando.
Pero ademais, están en marcha 3 procesos de selección: un deles para contratar tres auxiliares de axuda a domicilio, outro para contratar dous socorristas para a piscina e outro máis para contratar 12 peóns para o desbroce dos accesos aos núcleos de poboacións. En total serán 29 postos de traballo.

O prazo para presentar solicitudes para a contratación de tres auxiliares de axuda no fogar remta o vindeiro luns, día 18 de xuño. A duración do contrato será de dous meses, no que cubrirán as vacacións das titulares do posto. Aquelas persoas que non superen este proceso pasarán a formar parte dunha bolsa de reserva, da que botará man o concello cando sexa necesario persoal para este servizo.

O mesmo luns, día 18 de xuño, remata tamén o prazo para o procedemento de contratación dos socorristas para a piscina municipal. E para a contratación de 12 peóns os aspirantes poderán presentar as solicitudes ata o día 19 de xuño. O contrato terá unha duración de dous meses, xornada parcial, e a contratación farase baixo sistema de oposición.
Ademais dos procesos abertos, o concello presentou tamén solicitude de subvención no plan de cooperación para contratar máis xente para cuadrillas de mantemento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios