![Un guindastre retirou o camion da orquesta Olympus esta mana]()
Un guindastre retirou o camion da orquesta Olympus esta mana
Un camión da
orquesta Olympus, co seu conductor dentro, quedou colgado esta madrugada nun terraplén duns dous metros de desnivel do
polígono industrial de Vimianzo. Ao parecer, o conductor do camión tivo que ser trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee ainda que as súas lesións non revistan gravidade.
Segundo informan os Bombeiros de Cee, que recibiron a chamada de alerta ás 06:04 horas de hoxe, o vehículo non ofrecía ningún risco para os viandantes xa que se atopaba no interior dunha parcela do polígono; lugar onde esta noite se celebrou unha festa privada na que actuou dita orquesta xunto con Ciclón e La Fila.
Un guindastre xa retirou o camión esta mañá.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee