Un cento de sorrisos nos Vimicampamentos
07:38 11/07/18
Máis dun cento de nenas e nenos participan na primeira quenda dos Vimicampamentos que se desenvolverá ata o 24 de xullo. Citas fundamentais para a conciliación familiar e laboral durante as vacacións de verán.
Durante estes días realizarán actividades medioambientas relacionadas coa reciclaxe e a reutilización, visitarán o Punto Limpo, coñecerán os penedos de Pasarela, o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, terán tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e unha xornada na praia do Ariño, con velada no pavillón de Vimianzo para os máis maiores.