Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un home excarcelado tras un accidente en Berdoias

Un home excarcelado tras un accidente en Berdoias
Accidente en Boudaneira -Foto- Felipe Sar

Un home duns 45 anos tivo que se excarcelado polos bombeiros de Cee tras sufrir un forte accidente na estrada que une Berdoias e Baíñas, concretamente na parroquia de Berdoias, preto de Boudañeira, no termo municipal de Vimianzo.

O vehículo caía por un terraplén e non era fácil velo dende a estrada. Foi un camioneiro o que o avistou e, arredor das 8:00h avisaba ao 112, que mobilizou aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, ao Grumir de Vimianzo e mais ás Urxencias Médicas.

O ferido, do que non se sabe canto tempo pasou atrapado no vehículo, xa foi trasladado por Urxencias Médicas ao hospital.

A imaxe está sacada dende onde se saíu o vehículo-Foto- Felipe Sar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios