Venres. 19.04.2024
El tiempo

440 quilos de centola, nécora e polvo incautados

440 quilos de centola, nécora e polvo incautados

Novos operativos contra o furtivismo na Costa da Morte e en todo o litoral galego. Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, incautáronse de 231 aparellos de pesca e comisaron preto de 2 toneladas de diversas especies, na súa maioría centola, nécora e polbo na pasada semana.

Concretamente, na Costa da Morte leváronse a cabo 5 operativos (en Lira, Caldebarcos, Carnota, O Pindo, Cee, Corcubión e Fisterra. ...) que deron como resultado a aprehensión de 22 aparellos -case todo viveiros- e o comiso de 442,5 quilos de diversas especies, na súa maioría centola, nécora e polbo.

Ademais, na Ría de Muros- Noia incautouse un total de 101 útiles, nas súa maioría nasas e 134,5 quilos de varias especies, case todo centola. Todas as especies foron devoltas ao mar. Alí os gardacostas desenvolveron 3 operativos, dous deles en colaboración coa Policía Autonómica.

Novas relacionadas

Comentarios