xoves. 01.05.2025
El tiempo

Un incendio causa danos materiais na casa reitoral de Cambeda

Un incendio causa danos materiais na casa reitoral de Cambeda
Incendio na Casa Reitoral de Cambeda-Vimianzo Así quedou a Casa Reitoral de Cambeda tralo incendio

Algo máis dunha hora tardaron os Bombeiros de Cee e Protección Civil de Vimianzo en apagar o incendio que se daba ás case 23:00h da noite do pasado domingo na casa rectoral de Cambeda, en Vimianzo. Unha situación de gran perigo pois é a casa que emprega Cáritas e o concello de Vimianzo para aloxar a xente sen recursos.

Ao chegaren ao punto, os Bombeiros e os voluntarios de Prot. Civil procederon a apagar o lume que había na pranta baixa e que queimou por completo os mobles e electrodomésticos da salíta da vivenda, sen causar danos persoais.

Apuntan a que un cortocircuito puido ser o causante do incendio.

Novas relacionads

Artigos relacionados

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios