Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un mozo de Vimianzo aparece morto na súa cama

Un mozo de Vimianzo aparece morto na súa cama

Triste mañá a de este martes 5 de xullo de 2011 en Vimianzo. Tras unha fin de semana chea de celebracións, a realidade espeta un duro varapao ao pobo vimiancés. I é que esta mañá un rapaz vimiancés duns 20 anos, aparecía morto na súa cama.

Trátase do novo Félix De la Sierra Suárez, natural de Calo. A súa nai foi levantalo esta mañá para ir traballar, pero Félix nunca se deu levantado. Ao parecer faceleu dun infarto mentres durmía.

Félix era moi querido no concello. A súa actitude sempre alegre e a súa participación activa na organización da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo (vémolo nunha foto do ano pasado) fai que o pobo soneirán viva hoxe un día de luto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios