domingo. 18.05.2025
El tiempo

Un taller para que pais e docentes aprendan a entender aos nenos e adolescentes

Un taller para que pais e docentes aprendan a entender aos nenos e adolescentes
Mario Tormo e Olivia Perez Desactivando conflitos en Vimianzo

O vindeiro domingo 9 de abril ás 18:00 horas os pais, nais e docentes teñen unha unha cita moi interesante. Está programado na Sala de Conferencias da Aula de Cultura do Concello de Vimianzo un taller impartido por Mario Tormo e Olivia Pérez co título “Entende aos nenos de aos adolescentes”. A entrada é gratuíta. O único requisito é inscribirse no seguinte enderezo: desactivandoconflictos.es/om/taller, coa única finalidade de non superar o aforo máximo da sala.

Neste taller os autores ensináranlle aos pais de aos docentes uns novos conceptos, estudados na neurociencia e por suposto na psicoloxía. Trátase de amosarlles o que a ciencia nos está demostrando: Tony Wagner, Aldana Marcos, Antonio Damasio, etc. Tamén será moi útil para identificar os aspectos nos que se solapan a labor dos pais e dos docentes, procurando unha visión en equipo, desde o plano emocional, despexando a néboa que nos fai esquecer o que é un neno. Explicarán cousas sorprendentes como que a afectividade apréndese na primeira hora despois do nacemento. Farán entender certas actitudes nos nenos e tamén as diferencias entre eles. E como non, como estimulalos para facilitar a aprendizaxe.

Mario e Olivia son especialistas na Abordaxe e Xestión Emocional. Investigadores e escritores. Imparten moitos talleres e seminarios para a resolución de conflitos na aula, parella e na empresa. Eles viviron, fai uns anos, uns poucos meses en Sembra, unha pequena aldea de Cee. Quedaron namorados da Costa da Morte e da xente deste recuncho. Son autores dun libro moi interesante: “Proyecto parental, gestación y sentido de vida” . Neste libro amósanos que a vida é algo máis que un proceso puramente biolóxico, desentrañando ese algo máis, pero esta vez si, da man da ciencia. Un libro no que é tratado de forma rigorosa, completa e de unha forma didáctica, o proceso de creación dunha persoa desde o punto de vista dos programas que dirixen e condicionan a súa existencia. Os autores conseguen que os lectores poidan entender o que é un neno, un gran descoñecido para a maioría. Quizais sexa o resultado dun proceso de creación que comeza moitos anos antes do seu nacemento e como non, en constante evolución e reconstrución, como consecuencia das emocións e programas, tanto propios como os proporcionados pola memoria da árbore xenealóxica.

Este taller é de interese para calquera persoa, pero especialmente, para os que teñan relación cos nenos: pais, nais, docentes ou especialistas da saúde.

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.com).

Comentarios