Venres. 18.10.2019
El tiempo

Un veciño de Vimianzo simula un roubo de 70.000€ na súa empresa para cobrar o seguro

Un veciño de Vimianzo simula un roubo de 70.000€ na súa empresa para cobrar o seguro

Que somos un país de piratas xa temos bastantes constancia. En tempos de preferentes e fraude forestal, coñecemos hoxe unha nova historia de como roubar e estafar.

Trátase dun veciño de Vimianzo que simulou un roubo na súa empresa por valor de 70.000 euros para cobrar o seguro. Xa está detido e imputado por delitos de simulación de delito e estafa.

Ao parecer, o home simulou un roubo na súa empresa da que se levaron efectos, material electrónico, por valor de 70.000 euros. As posteriores investigacións dos gardas determinaron que realmente non ocorreu o ilícito e o que pretendía o agora imputado era cobrarlle ao seguro a indemnización correspondente.

O roubo denunciouse a finais do mes de Abril do presente ano polo imputado en calidade de administrador da citada empresa. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Dous de Corcubión.

Novas relacionadas

Comentarios