Mércores. 13.11.2019
El tiempo

3 furtivos de Fisterra escapan trala incautación de 107 quilos de ameixa na Langosteira

3 furtivos de Fisterra escapan trala incautación de 107 quilos de ameixa na Langosteira

Esta madrugada o Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e axentes da Garda Civil de Muxía e do Seprona artellaban unha operación contra o furtivismo na praia da Langosteira en Fisterra.

Chegaron á praia e interceptaron unha furgoneta que contiña no seu interior máis de 107 quilos de ameixa babosa e 14 aparellos, entre os que había traxes de mergullo, aletas e tubos. Pero os conductores déronse á fuga.
Así e todo, os axentes aseguran que en breve serán detidos, pois son "moi coñecidos na zona" e teñen controlada a furgoneta.

Ao remate, os axentes resembraron a ameixa na zona.

A Consellería do Medio Rural e do Mar fai, unha vez máis, un chamamento á cidadanía para que non adquira peixe e marisco fóra de los cauces legais, xa que só o produto que se extrae e comercializa segundo o establecido legalmente é óptimo para o consumo.

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios