Un verán cheo de actidades no verán vimiancés
Non para por verán o Concello de Vimianzo. Máis ben todo o contrario, se ollamos á completa programación de verán que vén de presentar.
Xa está en marcha o programa do Asalto ao Castelo, que terán cita esta fin de semana cunha charla-coloquio en clave histórica. Ademais a fin de semana seguinte outra dobre cita, primeiro co deporte o venres 26 coa I Legua irmandiña e a continuación coa música co concerto de presentación do Irmandiño Son, no que participan 11 grupos ou artistas locais. O 27 un acto de reivindicación do Castro das Barreiras con diferentes actividades.
Os máis pequenos poderán participar en diferentes actividades xa neste mesmo mes de xuño, podendo inscribirse a partir do día 22 de xuño no obradoiro gastronómico Pezquechef, organizado polo GAC 3, para nenos e nenas de 5 a 12 anos, que terá lugar o 25 de xuño. E para idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos haberá obradoiros medievais na Casa da Cultura desde o día 30 de xuño ao 4 de xullo.
Moito deporte
Diferentes disciplinas deportivas poderán practicar os pequenos durante os meses de varán. A piscina permanecerá aberta desde o 1 de xullo e as clases de natación empezarán o 28 de xullo. Antes da natación poderán comezar un curso de tenis, o 7 de xullo, para nenos e nenas a partir de 8 anos; piragüismo empezará o 8 de agosto, para nenos e nenas a partir de 8 anos coa condición de que saiban nadar. Clases de equitación no campo da Areosa, organizadas pola Asociación Cabalar Monte Faro, nas fins de semana a partir do 1 de xullo, nenos e nenas a partir de 8 anos e adultos; e o Soneira SD organiza un Campus de fútbol, para idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, que se realizará entre o 24 e 26 de xullo. O 11 de xullo, este mesmo club de fútbol, organiza un Torneo de fútbol 7 sub 16.
Pequecampamento e Campamento Vimiverán, do 13 ao 17 de xullo para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos, e do 20 ao 24 de xullo para as idades comprendidas de 6 a 12 anos. E para os máis maiores, de 12 a 17 anos, Campamento multiaventura en Asturias con descenso do Sella, descesos de canóns e visitas turísticas, do 18 ao 20 de agosto.