Luns. 22.07.2019
El tiempo

Unha colleita de sinaturas online por unha Ambulancia medicalizada na Costa da Morte

Unha colleita de sinaturas online por unha Ambulancia medicalizada na Costa da Morte
Colleita de sinaturas online en Changeorg por unha Ambulancia medicalizada na Costa da Morte

Esta tráxica semana de accidentes deixa un regueiro de sangue nas nosas estradas. E deixa clara a necesidade dunha Ambulancia medicalizada de Soporte Vital Avanzada para asistir emerxencias sanitarias na Costa da Morte. Así, vén de abrirse unha Campaña de recollida de sinaturas online a través de Change.org para esixir unha Ambulancia SVA na Costa da Morte.

Como nos conta o responsable da CIG-Sanidade en Bergantiños Xoán Manuel Sande, (o sindicato leva anos levando iniciativas ao Parlamento sobre esta carencia) “non hai ningunha en toda a zona. Só hai dúas con base na Coruña para toda a área sanitaria, que vai dende Teixeiro, pasando por Betanzos, a capital herculina, e a comarca de Bergantiños”. Deste xeito, unha zona con 115.000 persoas queda orfa dun servizo básico nunha zona con tan complicadas estradas. Se acontece un accidente en Bergantiños

Un sitio estratéxico para albergar unha SVA sería en Vimianzo, que ten ademais o Hospital Virxe da Xunqueira moi preto. De feito, había unha proposta daquel goberno Bipartito de poñer unha SVA en cada Hospital comarcal, pero o proxecto só puido levala ao Hospital de Burela.

Falta investimento

”A cousa é moi grave”, sinala, e “non vemos visos de mellora. Este ano o único investimento que ten previsto a Xunta en materia de sanidade é a creación de varios Centros de Saúde, como o de Buño, que están apurando para abrilo antes das eleccións. Pero non hai nada para persoal, equipamento, unidades… Cada vez peor, un desastre, con máis recortes en persoal e pouco mantemento”, denuncia.

Sande recorda que o servizo de ambulancias é concertado. O 061, o servizo de emerxencias, está concertado con empresas privadas, agora na área da Coruña traballa Ambuibérica, “que xa leva tendo queixas de usuarios e con folgas de traballadores nos últimos anos”, apunta Sande.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios