Unha de obras e outra de gastronomía na Piroga e Vimianzo
Doble e diferente actualidade está esta semana no Concello de Vimianzo.
Obras na Piroga
O alcalde de Vimianzo reúnese con veciños da Piroga para informar sobre o transcorrer das obras. Antelo aclarou que "o modificado do proxecto non recorta ningún dos elementos previstos nin supón ningún incremento do prezo da obra. Trátase de cambiar a conexión á EDAR de Baio do punto inicial, despois da ponte que une A Piroga e Baio, a un punto situado fronte á propia EDAR. Unicamente se cambia a pendente do percorrido das augas", informou aos veciños.
"O problema deriva da imposibilidade de executar o proxecto como estaba plantexado e que era perfectamente coñecido polo alcalde e o goberno anterior. Se o goberno anterior fixera as cousas ben, agora a obra estaría concluída", declarou.
Cea privameral do Castelo
A Asociación Cultural O Castelo celebrou este fin de semana unha cea de clausura das actividades de inverno e desfrutaron dun extraordinario menú da Primavera Gastronómica no Restaurante Pastoriza en Vimianzo.
Novas relacionadas
- Vimianzo presenta unha nova proposta gastronómica para primavera:
- Os pequenos arqueiros soneiráns triunfan no Campionato Galego.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa:
Fonte
- Concello de Vimianzo e Asoc. O Castelo.