Martes. 15.10.2024
El tiempo

Unha mestra para todos lembrada en Castromil

Unha mestra para todos lembrada en Castromil
Inaguración en Castromil, Vimianzo, da estatuta pola mestra Carme Neira Marcos Estatua a Carme Neira Marcos

"Mestra de todo para todos" é o recordo que os veciños e veciñas da parroquia de Salto queren gravar na memoria das vindeiras xeracións que sen coñecer á persoa ben seguro apreciarán o traballo da que foi mestra de Castromil durante 32 anos.
Así reza a inscrición que, lembrando un encerado da época, se atopa na escultura que preside a praza de Castromil, reinaugurada na tarde do pasado domingo 9 de decembro, co nome de Praza dona Carmen Neira Marcos. Unha escultura en pedra co rostro en relevo da mestra realizada polo escultor vimiancés Suso Fuentes Canosa, un encargo que a xunta directiva da Asociación Neira Marcos tiña en mente desde a súa fundación e que onte se fixo realidade.

Unha emotiva homenaxe dirixida por Teresa Ferreira, presidenta da entidade organizadora, acompañada de numerosos veciños e veciñas que non quixeron faltar á homenaxe. despois de que o párroco procedese á bendición da praza e da escultura, tocou a quenda das lembranzas e agradecementos: comezou o escultor Suso Fuentes, valorando moi positivamente que se homenaxee unha mestra de escola; seguiu Manuel López quen foi compañeiro de profesión de dona Carmen na escola de Castromil; as lembranzas dos alumnos correron a cargo de Pepe Ameixeiras; non faltaron os familiares representados polo sobriño e afillado da mestra, José Ramón López, que lembrou os veráns que pasou en Castromil; e o alcalde de Vimianzo, quen louvou o traballo da Asociación Neira Marcos, unha das máis activas das asociacións do concello, sempre preocupada por recuperar tradicións, e valorou a homenaxe a unha mestra que loitou pola ensinanza na escola pública nun tempo no que non se valora o traballo dos mestres.

Acompañado polos familiares da mestra o alcalde deu paso á inaugración da praza descubrindo a placa, antes de que Irma Macías pechase o acto recitando unha poesía da súa autoría dedicada a dona Carme. Para rematar a tarde os presentes compartiron castañas asadas e un bo chocolate quente no salón parroquial.

Novas relacionadas

  • Concllo de Vimianzo.
  • Comentarios