Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Unha viaxe ao interior dunha tableta co novo espectáculo de Talía Teatro

Unha viaxe ao interior dunha tableta co novo espectáculo de Talía Teatro
Dani Trillo e Toño Casais son os protagonistas de Xango, o novo espectáculo infantil de Talía Teatro Cartel claustrofóbico de Xango, de Talia Teatro

Aí están, Dani Trillo e Toño Casais, dúas máquinas do teatro galego, que farán que escachemos a rir co novo espectáculo teatral da compañía costeira Talía Teatro. A nova obra de corte infantil, "Xango", dirixida por Diego Rey, será estreada este domingo 6 de outubro ás 20:00h na Casa da Cultura de Vimianzo.

Unha historia que vén moi a conto nestes tempos, pois conta a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina. E non unha máquina calquera, senón unha tableta destas modernas, facendo reflexionar aos máis pequenos, pero tamén aos maiores, sobre o uso que lle damos aos novos "aparellos do demo".

Talía no Luar

E moi agradable foi ver durante todo o ano aos Toño Casais e Artur Trillo compartindo escenario con Gayoso no mesmísimo Luar. Menudo nivelazo.

Talia Teatro no Luar -Foto-Jabicho Lemos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios