Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo abre as súas Barreiras

Vimianzo abre as súas Barreiras
visita-guiada-castro-barreiras-vimianzo O Concello de Vimianzo puxo en marcha un programa de visitas guiadas o Castro das Barreiras paralelo aos traballos de escavación "Isto é o futuro". Con esta frase para a reflexión remataba o arqueólogo Ángel Concheiro Coello unha visita guiada ao Castro das Barreiras, situado ao carón da AC-552 ao seu paso por Ogas, Vimianzo. A visita do xoves á tarde forma parte dunha campaña de difusión que o concello de Vimianzo puxo en marcha ao mesmo tempo que as escavacións nas que traballan un equipo dirixido por Tito Concheiro; que desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galicia. Para o arquéologo non existen dúbidas de que esta chaira agocha unha cidade "colosal" habitada 2.300 anos atrás e protexida por unha muralla tamén monumental. Ainda que non é o único pero "sí atípico", unha das principais particularidades deste castro é a súa ubicación, xa que non é frecuente que se localicen en chairas. "O Castro das Barreiras está situado dominando terras baixas; 0 que se coñecen como castros agrícolas vencellados a unha explotación agrícola do territorio". tito-concheiro-arqueologo O arqueólogo Tito Concheiro é o encargado de dirixir as escavacións do Castro das Barreiras de Vimianzo En quince días de escavacións, xa se poden observar as primeiras casas dun diámetro considerable. Pero como ben sinala Concheiro a "arqueoloxía está viva" polo que dentro duns días sairán á luz novos restos que cambiarán por completo a panorámica que ofrece estes días. A paixón coa que Tito fai o seu traballo arqueolóxico lévao a compartilo con todo aquel que se preste, polo que cun guía de excepción coma el, o Concello de Vimianzo non dubidou en poñer en marcha un programa de visitas dirixido a escolares e outro dirixido a público en xeral que será todos os xoves ás 17:00 horas. Cobra así vida novamente este castro que estivo durante anos no esquecemento das autoridades. Este plan de recuperación forma parte dun proxecto inicial do anos 2010-2011 nos que se fixeron as primeiras sondaxes. escavacions-castro-barreiras-vimianzo Nesta primeira fase abrirase unha área de 14 x 8 metros situada no punto leste do recinto A visita ao xacemento deixa a sensación de que neste lugar o tempo se detivo e que de repente pode aparecer un dos seus habitantes co que probablemente compartamos unha parte importante do ADN. A sensación que deixa esta experiencia xunto con toda a repercusión que están collendo as escavacións dan conta do aproveitamento cultural, social e turístico. Así que como ben dixo Concheiro; "isto é o futuro!". [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10156129579757177/" width="500" height="400" onlyvideo="1"]

Novas relacionadas

Fonte

   

Comentarios