Venres. 03.05.2024
El tiempo

Vimianzo abre o primeiro Parque Biosaludable

Vimianzo abre o primeiro Parque Biosaludable
O Concello de Vimianzo acaba de poñer a disposición dos seus veciños e veciñas, o Primeiro Parque Biosaludable co que conta o municipio. Trátase dun espazo situado moi preto do concello e do colexio de Vimianzo, composto por diferentes equipos de ximnasia que permiten manter a forma física así como previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas. Todos os aparatos cos que conta o parque están deseñados para a práctica de exercicio físico de adultos a partires de 40 anos e son especialmente recomendables para maiores de 60 anos porque lles axuda a mellorar a súa mobilidade, aumentar a súa flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo. Foron algúns dos maiores que actualmente residen na Vivenda Comunitaria do Concello de Vimianzo os primeiros en probar estas novas instalacións. Estiveron acompañados polo Tenente de Alcalde, José Antonio Miñones Riveiro e tamén polo concelleiro de Urbanismo Jose Manuel Rodríguez Blanco que non puideron resistir a tentación de subirse nos aparatos e vivir a experiencia, inda que bueno, tamén se pode pensar que eles xa son usuarios “en potencia” deste tipo de parques tendo en conta que xa rebasan os 40 anos de idade. É intención do Concello de Vimianzo estender esta iniciativa nas distintas parroquias de Vimianzo e tamén está previsto engadir algún destes artiluxios no parque situado preto da Vivenda Comunitaria e do Centro de Día Municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo da man de Félix Roget.

Comentarios