Martes. 17.09.2024
El tiempo

Vimianzo achega a lúa á cidadanía cunha nova actividade de observación astronómica

  • Será o vindeiro 19 de agosto ás 21:00 horas no alto de San Bartolo, na parroquia de Salto
OBSERVACIÓN DA LÚA - VIMIANZO
Vimianzo achega a lúa á cidadanía cunha nova actividade de observación astronómica

O Concello de Vimianzo organiza unha nova actividade de observación astronómica guiada o vindeiro 19 de agosto.
Nesta ocasión, o astro observado será a lúa, que alcanzará a plenitude este día arredor das 21:00 horas, cando dará comezo a actividade no alto de San Bartolo, na parroquia de Salto. Este escenario presenta unhas condicións idóneas e forma parte da Rede de Miradoiros Estelares do Destino Starlight Costa da Morte.

Con esta iniciativa, o Concello pretende dar a coñecer e achegar a observación astronómica á cidadanía local e a visitantes da man de Begoña E. Brao e Antón P. Pérez, monitores do primeiro destino Starlight de Galicia, as Illas Cíes. Ademais, ámbolos dous realizaron un curso de formación na Costa da Morte.
Hai un límite de 150 prazas, polo que todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente a través desta ligazón habilitada.

Comentarios