Vimianzo analiza os datos do Índice de Conxuntura Económica do Concello e da Comarca de Soneira
- Desde 2010 ata 2023, a comarca da Terra de Soneira viu reduciu a súa densidade de poboación nun 9%, tendencia que triplica a redución observada en toda a provincia da Coruña e de Galicia.
A Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acolleu hoxe a presentación dos datos do Índice de Coxuntura Económica, ICE, un documento editado polo Club Financiero de Santiago no que se realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia da Coruña, tanto a nivel comarcal como municipal.
A poboación puido coñecer así da man de parte do equipo redactor os datos da realidade socio económica tamén da comarca da Terra de Soneira. Estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o presidente do Club Financiero de Santiago, Roberto Pereira; e como comentabamos anteriormente, parte do equipo redactor: Maite Cancelo, profesora de Economía Cuantitativa; María Bastida, profesora de Organización de Empresas e Comercialización, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais.
Datos de interese
Este documento ten estrutura en cinco bloques principais: territorio e recursos naturais, poboación, mercado de traballo, estrutura produtiva (PIB, sectores produtivos, demografía empresarial) e sector público (facendas locais, gastos e investimentos municipais).
POBOACIÓN
Entre os datos relativos á nosa comarca, o informe recolle que de 2010 a 2023, a comarca da Terra de Soneira viu reduciu a súa densidade de poboación nun 9%, tendencia que triplica a redución observada en toda a provincia da Coruña e de Galicia.
A comarca perdeu ademais nese mesmo período de 13 anos 3.350 habitantes: 1.288 en Vimianzo; 1075 en Camariñas e 987 en Zas. Así, a día de hoxe o 33,6% da poboación da comarca é máior de 64 anos, mentres que só o 9% é menor de 16.
ECONOMÍA
A nivel económico, a comarca de Soneira representaba en 2020 o 1% do PIB da provincia, semellante ao de Arzua ou Xallas pero por riba de Muros ou Melide. O PIB creceu na última década un 1,1% medio anual, situándose en 2020 nos 15.635€, moi lonxe aínda dos 21.896 da media provincial.
O informe recolle que a comarca de Soneira conta con 1.948 empresas (32 menos que en 2022): 805 en Vimianzo, 586 en Zas e 557 en Camariñas.
O 46% son do sector servizos, o 28% do sector primario (unha porcentaxe moito máis alta que a media provincial, que está no 48%), un 18% da construción e un 7% de industria.
TURISMO
A comarca da Terra de Soneira contaba en 2023 con 1.921 prazas turísticas, subindo nun 13,8% sobre a oferta para o ano 2022, gracias ao incremento de prazas en pensións e vivendas de uso turístico. A evolución dende 2010 demostra que a oferta turística da comarca ten multiplicado por cinco en termos absolutos, pasando de 390 lugares turísticos a case 2.000.
Este incremento é do 90% debido á aparición de vivendas de uso turístico, que na actualidade supoñen case o 70% do total de prazas ofertadas no comarca (1.322 prazas).
Por concellos, a estrutura da oferta turística é similar en Camariñas e Vimianzo con entre o 70% e o 80% das prazas en vivendas de uso turístico, e en arredor do 20% en hoteis e pensións. En Zas correspóndelle o 50% da oferta Os campamentos turísticos e as casas turísticas supoñen o 30%.
PESCA
A pesca concéntrase na lonxa de Camariñas, que vive un proceso de redución de facturación. O ano pasado reduciu a súa produción en 133 toneladas, é dicir, máis de 400.000€ en primeira venda. Ademais do volume, tamén a calidade, pois o prezo medio baixo 7 céntimos.
Un dato gravísimo: dende 2015 a produción pesqueira de Camariñas reduciuse nun 50% (2.600 toneladas), supoñendo un 24% en termos económicos (1,2 millóns de euros), debido ao incremento do valor medio das capturas nestes últimos 8 anos, que pasou de 1€/kg a 1,5€/kg.
Apuntan que as causas hai que atopas nas cotas, na redución de capturas como o xurelo, a sardiña ou mesmo o berberecho, o que non palía a subida do pulpo, a centola ou a nécora.
Valoracións
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que “segundo se pode comprobar neste informe, a provincia da Coruña reforza a súa posición de liderado da poboación e actividade económica e industrial de Galicia. Seguir crecendo economicamente reflicte unha sociedade en progreso constante”, e agradeceu “tanto ao CFS e ao seu director, que hoxe nos acompaña, como ao equipo redactor polo seu inmenso esforzo e tamén, como non podía ser doutro xeito, á Deputación da Coruña, por contribuír e apoiar a que se continúen realizando estudos destas características”.
Pola súa banda, o presidente do CFS, Roberto Pereira, indicou que “o ICE elabórase con cifras anuais desde 2016 ata 2022, e conforma un documento imprescindible para a análise e toma de decisións, xa que aporta información valiosa sobre a nosa realidade”. Adiantou tamén que o equipo redactor xa traballa na seguinte edición, que amosará os datos do 2023. “Os informes están dispoñibles na nosa web para a súa consulta de balde no apartado de ‘Proxectos’. O documento está patrocinado pola Deputación da Coruña.
Podes descargar aquí o Informe de Coyuntura Económica