Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vimianzo acolle unha fin de semana coa artesanía e o románico como protagonistas

Vimianzo acolle unha fin de semana coa artesanía e o románico como protagonistas
romanico-vimianzo Mañá haberá unha ruta guiada polos diferentes monumentos do romático do municipio Chega unha nova entrega do programa "Vimianzo. Historia Viva" onde o Castelo é unha vez máis o protagonista. A primeira das actividades previstas para esta fin de semana e a ruta "Arquitecturas do medievo" na que os participantes coñecerán as historias que agochan a fortaleza vimiancesa ou o mosteiro beneditino de Baíñas; dous lugar onde aos que os campesiños acodían a pagar as súas rendas. O Castelo de Vimianzo é o punto de partida deste roteiro que terá lugar mañá ás 11:30 horas. Ten un custe de 3€ e é gratis para menores de 16 anos. Xa mañá pola tarde, a asociación Nemanquiñas fai unha festa particular no patio do Castelo onde convidarán a todos os asistentes a café, rosca e a desfrutar co traballo das panilleiras ao vivo. Haberá tamén música tradicional para amenizar a tarde de panillada. Alén da Mostra de Artesanía ao Vivo que se pode ver no castelo de Vimianzo, na cociña poódese ver unha nova exposición Innovación e vangarda na Olería de Buño. Os obradoiros Cambón e Lista son os encargados de mostrar as súas pezas máis novas, creadas sobre o saber dunha tradición milenaria. Pódese ver até o 31 de agosto. O sábado pola mañá a actividade centrarase na ruta medieval, polo que non haberá visita guiada ao castelo e batáns. Retómanse pola tarde ás 18 horas no Mosquetín e ás 19 horas no castelo. Xa o domingo mantense o horario habitual. Haberá visitas guiadas no castelo ás 12 e 19 horas, teatralizadas ás 13 e 17 horas, e as do conxunto etnográfico do Mosquetín ás 13 e 18 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios