Vimianzo acondiciona e dá vida á Ruta dos Dolmens
A aposta do Concello de Vimianzo polo patrimonio continúa, e faino co acondicionamento da Ruta dos Dolmens. Unha das rutas máis interesantes da comarca que levaba anos algo esquecida, e que volve á ser perfectamente accesible gracias ás tarefas de roza, pero tamén de sinalización dixital.
O Concello está limpando así os accesos ás 8 mámoas do itinerario, así como no conxunto de petroglifos de Boallo e Pedrouzo e na mámoa de Freáns, conformando unha ruta de sendeirismo o Vieiro Fidalgo, que agora mesmo se está a sinalizar entre os núcleos de Berdoias e Boallo.
Con estas tarefas de roza e mantemento “seguimos acondicionando e conservando o patrimonio do noso municipio, un dos máis ricos en megalitismo en toda Galicia”, destaca a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Limpando a Pedra da Arca
Actividades e Rutas diarias
Ademais, están a desenvolver actividades culturais entre as que se atopan diversas visitas guiadas por estas zonas de interese. Dentro dos eventos inclúense as rutas guiadas diarias de martes a venres ás 16:00 horas na Pedra Cuberta. Esta é a primeira vez que se realiza este tipo de actividade de forma diaria na Pedra Cuberta.
O Concello pon a disposición o mapa audioguías na páxina vimianzo.mobi para que aquelas persoas que estean interesadas en realizar o percorrido poidan coñecer tamén a súa historia.
- Máis información: Descarga o Mapa e a xeolocalización da Ruta das Antas.
Ruta guiada pola paisaxe dos muíños e rego de Cambeda
O vindeiro sábado, 15 de agosto, inaugurarase, despois da súa limpeza, a ruta da paisaxe dos muíños e rego de Cambeda cunha visita guiada. Este camiño iníciase na igrexa de Cambeda e percorre o leito do río durante case tres quilómetros. No camiño as persoas participantes poderán atopar ruínas de oito antigas edificacións que correspondían aos muíños.
Podedes inscribirvos na actividade nas redes sociais de Turismo do concello e no teléfono 604 03 66 17.