Martes. 19.03.2024
El tiempo

Vimianzo actívase na casa

Vimianzo activase en casa
Vimianzo actívase na casa

O Concello de Vimianzo reparte estes días entre os colectivos profesionais todo o material de protección para loitar contra o coronavirus, sempre cumprindo os requisitos legais. Se ben agradecen as mostras de solidariedade achegadas en forma de mascarillas caseiras, e conscientes de que poden ser boas para saírmos a facela compra, non van repartir aos traballadores que están en continuo risco, como son os do 061 como do Servizo de Axuda no Fogar ou das fozas de seguridade.

O Concello repartiu material como máscaras, gafas protectores, luvas, botas e buzos en función das necesidades aos distintos departamentos. Material doado por empresas ou adquirido polo propio Concello, sempre legalmente regulado.

O Concello despois ademais continuou coas tarefas de desinfección esta fin de semana nas instalacións do Concello, na zona administrativa, na Policía Local, no xuzgado e na base de GRUMIR. 

Desinfeccion en Vimianzo contra o coronavirus

En Vimianzo, #ActívateNaCasa

O Concello de Vimianzo puxo en marcha este luns unha programación de cultura e deportes para toda a familia no eixo dixital, denominada #ActívateNaCasa.

A programación deportiva, #ActívateDeportes, é un adestramento virtual con sesións de pilates e aeróbic para manterse activo e en forma dende a casa. Dende o luns 30 emitiranse ás 11:00 h e ás 17:00h. sesións en streaming na páxina de facebook do Concello de Vimianzo. A primeira sesión de aerobic correu da man de Alberto Baña.

A programación cultural, #ActívateCultura, que se pon en marcha son propostas de creatividade, lectura e lecer cultural para toda a familia. Tódolos días subirán un post con propostas e recomendacións para ocupar o tempo de lecer con actividades de ocio e contidos formativos. Para contribuír a unha participación virtual queremos que nos amosen nas redes eses resultados da súa creatividade.

Comentarios