Luns. 16.09.2024
El tiempo

Vimianzo centra a programación de verán na conciliación

Vimianzo centra a programación de verán na conciliación
Vimianzo Programación Verán copia

A conciliación laboral e familiar. O eterno problema que, verán tras verán, centos de familias de todo o estado necesitan solventar a base de hipotecar as vacacións, tirar de avós… Este ano, o Concello de Vimiano quixo presentar unha programación de verán pensando en todas esas familias, intentando que se poidam cumprir coas obrigas laborais durante as vacacións escolares e ter atendidos e atendidas as fillas e fillos, dun xeito lúdico e educativo.

Vimianzo Programación Verán copia

Vimicampamentos

A principal novidade desta programación do verán 2018 son os Vimicampamentos, campamentos urbanos para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que darán comezo o 9 de xullo e rematarán o 31 de agosto.

Unha programación que pretende a aprendizaxe das crianzas dunha forma lúdica e, deste xeito, programáronse 3 campamentos temáticos: Vimicampamento Ambiental (do 9 ao 24 de xullo), Vimicampamento Cultural (26 de xullo ao 10 de agosto) e Vimicampamento Transversal (do 16 ao 31 de agosto). As actividades destes campamentos terán lugar de luns a venres de 10 a 14 horas e os nenos e nenas poderán inscribirse nas quendas que desexen, tendo diferentes taxas en función da inscrición nunha quenda, 35€, 2 quendas, 65€, ou o campamento completo, 90€.
Un total de 120 nenos e nenas poden participar neste campamento, 80 prazas para nacidos entre 2011 e 2006, e 40 prazas para os nacidos entre 2014 e 2012.

Os maiores de 12 anos poden participar no Campamento Multiaventura, que terá lugar do 9 ao 11 de xullo, no Galipark- Padrón. Tres días de deporte de aventura no que se ofertan 30 prazas cun custo de 90€.

Cursos deportivos

Outra posibilidade é inscribirse en cursos deportivos: pádel para nenos e nenas a partir de 6 anos e adultos (do 3 de xullo ao 3 de agosto) e de natación, para maiores de 5 anos e adultos (do 18 de xullo ao 24 de agosto). Cursos de informática: mecanografía, Programación con Scratch (creación de xogos), App Inventor (creación de aplicacións para móbiles) que se desenvolverán no telecentro ao longo dos meses de xullo e agosto.

Obradoiros

Actividades que xa son un clásico na programación do verán de Vimianzo, como os Obradoiros medievais, en horario de mañá e tarde, do luns 2 ao venres 6 de xullo, co gallo da Festa do Asalto ao Castelo; a excursión ao Aquapark o 17 de xullo; o Día da Bicicleta o 19 de agosto, ou o Día do xogo, unha gran festa infantil que terá lugar o luns 13 de agosto, festivo local. E do 25 ao 29 de xuño, Xogamos nas parroquias, unha xornada de xogo, talleres, cine en todas as parroquias nas que haxa un mínimo de 5 nenos ou nenas inscritas, de balde.

Campus

Tamén poderán participar no III Campus deportivo organizado polo Club Vimianzo Tenis de Mesa (VTM) do 3 de xullo ao 3 de agosto; o IV Campus de Fútbol do Soneira SD, do 20 ao 22 de xullo. “Unha completa programación que agardamos que teña moi boa acollida por parte das familias vimiancesas, que non vén máis que dar resposta a unha demanda veciñal”, di o Alcalde, “pretendemos axudar a unha conciliación real para a maioría das familias, que teñen que seguir traballando durante as vacacións escolares, ao tempo que son un encontro infantil onde nenos e nenas, que asisten durante o curso a colexios diferentes, crean lazos de amizade durante os campamentos”.

Fonte

Comentarios