Vimianzo clausura a primeira quenda do Concilia Vimiverán

11:10 20/07/20
O pasado venres, 17 de xullo, o Concello de Vimianzo celebrou a clausura da primeira quenda do seu programa "Concilia Vimiverán", que polo momento está a ter unha gran acollida por parte das familias do municipio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, visitou á rapazada do grupo de Baíñas, e puido comprobar de primeira man "o divertidas que son as actividades para as nenas e nenos, sempre baixo estritas medidas de seguridade", afirma a rexedora.
Tamén, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, estiveron cos rapaces e rapazas na praza do Concello, nun estupendo día que quedou para clausurar esta primeira quenda.