Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo comeza as obras na Piroga e contrata o servizo de reparacións urxentes

Obras na Piroga 1
Visita institucional ás obras da Piroga
Vimianzo comeza as obras na Piroga e contrata o servizo de reparacións urxentes

Comezaron o pasado venres as obras de renovación da capa de rodadura na estrada que une Tines e A Piroga, que terán un custo total de 220.744,72 euros. Unhas obras para pavimentar toda a vía que une estes dous núcleos poboacionais, con aglomerado. Unha gran parte do tramo será fresado para realizar a nova capa de rodadura.

Ademais da limpeza de cunetas e drenaxe, vaise instalar unha reixa no lugar da Piroga, ao final da intervención, para evitar a escorrentía de auga sobre a estrada autonómica AC-552, así como a realización dunha canle aberta á altura de Bamiro para evitar a acumulación de auga nesta zona.
No cruce cara Vilar instalaranse, en ambas marxes da estrada perpendicular á anteriormente citada, sendas beirarrúas, en continuación coas existentes, duns 40 metros e 16 metros de lonxitude, respectivamente.

Novo contrato

Paralelamente, o Concello vimiancés vén de licitar por tres anos o contrato de mantemento e reparacións urxentes por un valor de 160.000 euros cada anualidade, xa que debido á situación climatolóxica dos derradeiros meses faise necesario iniciar o antes posible iniciar o mantemento para manter en bo estado as pistas e elementos de drenaxe.

Comentarios