Venres. 03.05.2024
El tiempo

Vimianzo comezou un curso básico de igualdade

Curso Básico de Igualdade Vimianzo
Vimianzo comezou un curso básico de igualdade

O Concello de Vimianzo comezou esta mañá o Curso Básico de Igualdade, no marco do IV Plan de Igualdade 2022 - 2026 elaborado pola Administración local e destinado a persoal do propio Concello. Trátase dunha formación específica sobre o uso da linguaxe inclusiva entre o persoal municipal. Tamén para implementar as medidas tendentes á utilización dunha linguaxe e imaxes inclusivas e non discriminatorias, e promover a concienciación do persoal muicipal para o uso dunha linguaxe e imaxes non sexistas. 

Nesta presentación tratáronse os conceptos básicos á hora de abordar a igualdade e desde a posición da Administración á hora de liderar os temas de xénero. O obxectivo xeral é favorecer o coñecemento do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e aplicalo nas políticas municipais. Especificamente, trátase de promover o efectivo cumprimento do principio de igualdade de trato e oportunidades na Administración municipal. 

Os plans de igualdade consolídanse como unha ferramenta útil e eficaz de planificación estratéxita, a medio-longo prazo, das políticas de igualdade. Contén os obxectivos, liñas de actuación e medidas prácticas que contribuirán á diminución dos desequilibrios e desigualdades existentes entre mulleres e homes no concello de Vimianzo.

Comentarios