Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Vimianzo conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ coa ‘Festa da diversidade’

FESTA DA DIVERSIDADE
Vimianzo conmemora o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ coa ‘Festa da diversidade’

Con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, este venres 28 de xuño, o Concello de Vimianzo organiza a ‘Festa da diversidade’, unha iniciativa que defende o dereito á plena igualdade, á dignidade, e ao libre desenvolvemento da identidade sexual e/ou de xénero.Actos coma este son importantes para construír sociedades máis tolerantes, que convivan na diversidade e promovan o cumprimento dos dereitos vulnerados
destes colectivos. Se ben é certo que houbo avances nos últimos anos, é preciso seguir promovendo políticas que aseguren a igualdade efectiva de todas as persoas LGTBIQ+ e continuar denunciando calquera tipo de actitude homófoba ou que conculque os dereitos deste colectivo.

O evento terá lugar na praza do Concello entre as 17:00 e as 19:00 horas e realizaranse actividades como obradoiros de bandeirolas, pintacaras con motivos do arco da vella, a creación un mural sobre a igualdade, ou xogos de integración.
Como colofón final, celebrarase a ‘Holi Colour Party’, na que a cor inundará a praza do Concello, simbolizando esa liberdade e diversidade sexual, ademais de representar a defensa dos dereitos do colectivo LGTBIQ+.

 

Comentarios