Martes. 15.10.2024
El tiempo

Vimianzo convoca axudas para adquirir material escolar e roupa para o curso que vén

Vimianzo convoca axudas para adquirir material escolar e roupa para o curso que vén

Aínda coas dúbidas sobre como será o comezo de curso, o Concello de Vimianzo vén de convocar unha liña de axudas para mercar material escolar e roupa no inicio do curso 2020-2021. As subvencións están dirixidas ao alumnado de infantil, primaria, secundaria (tamén dos institutos e ciclos de FP) cuxa familia non dispoña de medios económicos para facer fronte a este tipo de gastos.

Coas axudas as familias vimiancesas que o precisen poderán adquirir libros de texto, material escolar, material musical e informático, así como roupa e calzado.

O orzamento das axudas incrementouse nesta ocasión, pasando dos 20.000 euros da pasada convocatoria aos 35.700 euros da actual. “Con estas axudas queremos favorecer o acceso á educación, que debe ser un dereito para todas aquelas persoas que queiran formarse independentemente da súa situación económica” indica a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez.

O prazo de solicitude está aberto desde hoxe ata o 30 de setembro. As solicitudes poderanse facer de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello, e no rexistro xeral.

Comentarios