Vimianzo descubríu a maxia nocturna dos seus petroglifos
10:40 20/09/21
O Concello de Vimianzo viviu, a pasada noite sabatina, unha xornada do máis especial coa ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se puido contemplar a Cruz do Loureiro.
Tratouse dunha andaina circular de 4,4 quilómetros de lonxitude e na que participaron unhas 50 persoas. A explicación correu a cargo de David Roget e do Colectivo A Rula.
Tivo unha duración estimada de tres horas, aproximadamente e tratouse dunha andaina incluída na Ruta dos Segredos do Val de Vimianzo.
Ante o éxito recadado, o Concello estudará a posibilidade de repetir esta experiencia nun futuro.