Vimianzo enteiro volcouse con Teresa Mouzo


Non hai cores políticas en Vimianzo cando se fala de Teresa Mouzo. Unha muller que deixou mella na comarca soneirá e que este pasado domingo recibía a súa homenaxe por parte da Asociación Neira Marcos. O escenario da Casa de Cultura acolliu cancións, teatro, recitais, proxeccións, música, bailes e emotivos discursos ofrecidos por xente de todas as idades.
"Foi unha cariñosa lembranza a esa veciña entusiasta que nos deixou hai pouco máis dun ano", calificouna o alcalde Alejandro Rodríguez, que aseguraba "estar orgulloso de que a Casa de Cultura do Concello de Vimianzo acollera este fermoso e emotivo acto e de que, así, a Corporación se poida sentir partícipe del".
Borbujo falou de "Xenerosidade". Antelo fíxoo de "compromiso, traballo, dun pobo vivo, creativo e unido". Todo para homenaxear a Teresa Mouzo da man da activa Asociación Neira Marcos, que demostra que as asociación son un poder na bisbarra.

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do alcalde de VImianzo.
- Fotos da Asociación Neira Marcos.