Vimianzo estrea hoxe venres a pista de xeo
Vimianzo estrea hoxe venres 13 de decembro, a súa pista de xeo natural, que estará localizada no lateral da Casa do Concello ata o 7 de xaneiro de 2025, e que será perfectamente compatible co completo programa de Nadal municipal.
O acto de apertura será ás 19:00 horas. Ata as 20:00 horas a entrada será libre.
Trátase dun gran atractivo para grandes e pequenos que se complementa cun recuncho gastronómico no que a xente pode gozar de actividades culturais, do sorteo de mercabolas, comida e moito máis.
As persoas interesadas xa poderán realizar a súa reserva para gozar desta instalación a través da aplicación habilitada.
Horarios
A instalación estará operativa de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 23:00 horas (última sesión ás 22:00 horas).
Dentro dese horario establécense as seguintes excepcións:
- Do día 16 ata o 19 de decembro o horario será exclusivo de tarde, de 17:00 a 20:00 horas (última sesión ás 19:00 horas).
- O día 20 estará dispoñible de 16:00 a 23:00 horas (última sesión ás 22:00 horas).
- Os días 24 e 31 de decembro a pista pechará ás 20:00 horas e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a pista abrirá só de tarde, a partir das 17:00 horas.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “é todo un orgullo volver ofrecer aos nosos veciños e veciñas, e a moitos visitantes doutros lugares, unha pista de xeo natural, un dos principais atractivos da nosa programación de Nadal”. Ademais, indicou que “contamos con monitores e monitoras que xa levan anos traballando con nós e aos que lle quero agradecer o seu esforzo e implicación”.
Por último, salientou que “é
Prezo
Como os anos anteriores a entrada ten un prezo de 5 euros. Ademais, existe a posibilidade de mercar un ‘bonoxeo’, que inclúe 24 pases a metade de prezo.
A entrada básica inclúe os patíns e ten unha duración de 45 minutos, deixándose outros 15 para o cambio de calzado. Como complemento, pódese alugar casco e material de apoio para facilitar a patinaxe. O uso de luvas é obrigatorio.