Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo estrea Xinmasio ao carón do campo de fútbol

Vimianzo estrea Xinmasio ao carón do campo de fútbol

Este venres 11 de marzo ás 12:00 da mañá terá lugar o acto de inauguración do Ximnasio Municipal de Vimianzo.
O edificio, situado ó lado do campo de fútbol, alberga ademais os vestiarios do campo de fútbol, así coma unha sala de trofeos e unha pequena aula para reunións ou cursos.

O ximnasio, que se atopa na 1ª planta da instalación, ten máis de 400 m2 útiles repartidos en catro zonas: conta cunha sala de cardio na que se atopan as cintas de correr, bicicletas, elípticas e bicicletas de spining; unha sala de musculación na que se atopan as máquinas e o peso libre; unha sala de fitnes para actividades dirixidas; e unha zona de estiramento e abdominais. Na mesma planta atópase tamén a zona de recepción e os vestiarios.

Todas aquelas persoas que desexen poden asistir ó acto de inauguración para posteriormente visitar a instalación.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Deportes do Concello de Vimianzo.

Comentarios