O PP presenta en solitario o proxecto de Cereixo Porto Xacobeo

10:16 08/03/11

Cereixo - Porto Xacobeo
- A iniciativa consistirá na construción dun peirao de atracada situada á beira do abranda das mareas.
- Tamén se construirá un paseo flotante desde o muíño ata a "Areeira". Neste punto construiranse pantaláns e un club de piragüismo.
- O paseo continuará o seu curso bordeando o estaleiro. A actuación contará cun investimento valorado en 2.800.000 euros aproximadamente
Presentación oficial
Para coñecer os detalles do proxecto o presidente de Portos de Galicia, José M. Álvarez Campana e a portavoz popular Carmen Borbujo, presentarán o vindeiro venres 11 de marzo ás 11:30h a iniciativa. A rolda de prensa realizarase no local adxunto á igrexa de Cereixo.Novas relacionadas
- O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL.
- O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local.
Fonte
- Nota de prensa do PP.