venres. 02.05.2025
El tiempo

Vimianzo estreou os Menús de Primavera volvendo ao Muíño da Agra despois de 40 anos

Vimianzo estreou os Menús de Primavera volvendo ao Muíño da Agra despois de 40 anos
Festa da Agra do Muino en Vimianzo

Fermosa e emotiva foi a presentación da Primavera Gastronómica de Vimianzo. I é que o acto se realizou no Muíño da Agra, un edificio emblemático para os vimianceses, que se volvía abrir trala súa rehabilitación logo de 40 anos pechado.

Atopamos referencias ao Muíño da Agra no Catastro del Marqués de la Ensenada do ano 1752, pero o mal chamado progreso desfixo parte dese patrimonio material. Foron os veciños os que loitaron pola súa conservación e hoxe xa o podemos disfrutar no medio e medio da vila, recuperando ademias unha zona esquecida.
Ademais, o Concello intentará que volva funcionar e traballará para “continuar coa humanización desta parte do núcleo urbano”.

Menús de Primavera

Primavera Gastronomica de Vimianzo

E para pechar o acto levouse a cab a presentación das Xornadas Gastronómicas de Primavera, grazas aos hostalerios que desprazaron á contorna do Muíño os seus restaurantes para que puidésemos degustar unha mostra dos pratos que forman parte dos menús gastronómicos: Casa Sabina, Vázquez, Edreira, Castillo, Patoriza, Casa Paco e O Cabral, xunto coas panaderías Sampedro, PanIgnacio e Antoxos.

Uns menús que xa se comezaron a servir esta pasada fin de semana e que temos ocasión de probar ata o 15 de xuño.

Folleto da Primavera Gastronomica de Vimianzo

Fonte e máis información

Comentarios