O Pulpodelonja e arqueogastronomía vimiancesa ao Forum Gastronómico

Xa levan en circulación os menús arqueogastronómicos de Vimianzo un par de meses. Pero sempre hai que dar pasos para adiante, e o Concello de Vimianzo leva o seu produto estrella desta campaña, nada menos que ao Forum Gastronómico que se vai desenvolver en ExpoCoruña os días 23, 24 e 25 deste mes. Ademais de contar cun stand, o domingo organízase un Showcooking, no que se darán a coñecer os froitos do proxecto “Do Mar á Terra” financiado coas axudas do GAC3, e no que participan restaurantes e bares de Vimianzo. Levarán a proposta baixo o lema “A cociña do mar e a terra, desde os castros aos castelos”, e os presentadores serán nada menos que Manuel Gago e Miguel Silvarredonda, dúas figuras da divulgación arqueolóxica e da gastronomía. A cita vimiancesa, o domingo, 23 de febreiro de 2014 ás 11:00h na sala ATENEO, en ExpoCoruña.

Pulpodelonja

O pulpo das cofradías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, O Pindo e Porto do Son, que se comercializa baixo a marca PulpodeLonja, terá un lugar especial no Forum Gastronómico que comeza este domingo na Coruña. Con esta iniciativa, as cofradías agrupadas na plataforma LonjaenlaRed pretenden dar a coñecer a nova marca que serve para identificar o pulpo procedente da zona de Fisterra e ríaa de Muros e Noia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).