Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os hostaleiros de Vimianzo preparan a Ruta dos Pinchos Irmandiños

Os hostaleiros de Vimianzo preparan a Ruta dos Pinchos Irmandiños

A xente da A.X. Cherinkas levan varios anos tirando en bloque do Asalto ao Castelo. Este curso, toca arrimar entre todos, e os hostaleiros do concello vimiancés tamén se poñen as pilas. Así, este mércores 5 de febreiro ás 18:30h na Casa da Cultural, organizan a primeira xuntanza para artellar a nova Ruta dos Pinchos Irmandiños.
Unha convocatoria aberta a todos os locais hostaleiros do núcleo de Vimianzo.

Ninguén dubida da importancia que ten esta ruta para os establecimentos vimianceses os días da gran festa, e por iso, a organización require tempo e dedicación.

Na Xuntanza, ademais de recibir unha explicación sobre o Asalto 2014, analizarán os erros cometidos na ruta do ano pasado, as melloras que se pode introducir, incluíndo un novo sistema de organización dos pinchos.

Avisan, que en caso de non poder asistir, se fose do seu interese, aconséllase que comunique a súa ausencia chamando ao 645029465 (Iván). Neste sentido, a non presenza e/ou a ausencia inxustificada entenderase como un “Non estou interesado".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios